Política Galega Vol V: Grande Finale

Chegamos á conclusión do noso percorrido pola política galega:

-Que somos?
-Galegos!!!
-Que temos?
-Caciques e políticos corruptos!!!
-Que nos deron?
-Atraso e miseria!!!
-Que imos facer?
-Votarlles outra vez!!

Había nieve.

Anuncios

Política Galega Vol III

Resumo do capítulo III: Sobre fidadelides ideolóxicas.

-Hola ¿es el PP?
-Buenos días, sí, somos el PP.
-Quería encabezar la lista de su partido en las próximas locales.
-Uis, imposible, ahí seguirá el de siempre que de momento no ha perdido.
-Bueno, pues nada. Muchas gracias (click) María, que din no PP que non me queren de candidato. ¿Ti que pensas? ¿Probo con UPyD ou con Ciudadanos?
-¿Ciudadanos? ¿UPyD? Sácate de aí, pastrán, e vai por un partido que coñeza alguén.
-Tamén é certo… (bip)(bip)(bip)(bip)(bip)(bip)(bip)(bip)(bip) Hola, buenos días ¿es el PSOE?
-Buenos días, sí aquí es.
-Mire, quería encabezar la lista de su partido en las próximas locales.
-¿Viene usted rebotado del PP?
-¿Es un problema?
-Realmente no, la mitad de nuestros candidatos vienen de ahí.
-¿Entonces soy candidato?
-Sí, pero si le preguntan por el PP usted no les conoce y no va a pactar con ellos.
-Entendido (click) María, que vou ir polo PSOE, quita a foto de Fraga e pon a de Pablo Iglesias.
-¿Pero ese non é o de Podemos?
-O da coleta non, o vello!

Baseado en varias historias, e parafraseando aos Gogol Bordello “It’s more than true, it actually happens”.

Política Galega Vol II

Resumo rápido do segundo capítulo:

– Pois eu nestas voulle volver votar ao PP
– Outra vez ao cacique?
– Xa sabes o que din, mellor cacique que bolchevique. Además, que vin na tele que Podemos está a coller forza, e si gañan isto acaba como en Venezuela. Inda me van expropiar a horta e os cochos.
– E lo, dende cando tes cochos?
– Ais, dende o ERE que fomos todos á rúa. Agora si non é pola horta é os cochinos que imos sacando pra comer, mal nos iría.
– Bueno, pero ti tiñas 25 anos na empresa, debías ter unha boa indemnización e un bo paro.
– Xa, pero non nos deron nada, polo carallo que firmamos do ERE. Había un sindicalista destos alí que dicía que non firmáramos, pero claro, logo non firmas, faste ver e non te contratan en ningún lado.
– Home, pero do ere fai tres anos e sigues sin choio.
– Xa, é que pasados os 45 a cousa está case imposible.
– E a hipoteca da casa? Tedes que pagar todo co soldo da túa señora?
– Bueno, a miña muller tamén está sen traballo, que agora o taller pra o que cosía deslocalizou a producción en Marrocos.
– Entón tirades os dous co paro dela?
– Paro tampouco ten, que era autónoma.
– Mimadriña, pero entón debedes estar ao borde de que o banco vos quede coa casa…
– Non, tranquilo. O meu sogro ten unha boa xubilación, do mar, e con iso imos pagando a hipoteca.
– Pois inda menos mal, que a Manolo o de Florinda o outro día botárono do piso.
– Bueno, Manolo porque quixo vivir de rico e se meteu en gastos que non podía asumir, e así lle foi. Nas hipotecas hai que meterse con cabeciña, que logo inda lle botarán a culpa ao banco.
– Cousa mala. Pero bueno, dixeron no parte que o paro baixaba así que cunha pouca sorte en nada volvo estar choiando. E así igual tamén pode voltar o neno.
– Estaba en Santiago de biólogo, non?
– Non, que va, xa fará dous anos que lle quitaron a beca de investigación. Que é cousa mala, pero é normal, a ver que carallo vai estar o goberno metendo cartos en investigar non sei que cona do cáncer de non sei cantos coa que está a caer. Estivo un par de meses máis por alí choiando sen currar, para sacar o doutorado, pero logo marchou a Londres e está a choiar alí.
– Do seu?
– Non, agora anda a dar clases nunha academia e di que está contento. O primeiro ano e medio estivo de camareiro nun restaurante e estaba un pouco queimado, que dicía que traballaban doce horas e que os alugueres eran moi caros e casi non aforraba. Pero bueno, agora está ben. Eu xa lle digo “Tranquilo Xanciño, que Rajoy xa amañará o que joderon os socialistas e dentro de nada xa estás de volta cun traballo de xefe”. El non me cre, pero bueno, porque saio rojo coma súa nai, e na Universidade xa lle comeron a cabeza os do Bloque, que ata agora escribe con “nh”, xa non saben que inventar.
– Bueno, nestes días se ten choio inda bo é, inda que esteña fora. Tómaslle outra?
– Na, marcho que teño que marchar, que lle teño que dar a relevo á muller para mirar de miña nai, que xa sabes que leva un tempo encamada polo Alzheimer.
– Lo non tendes quen vos vote unha man? Non vos deron o da dependencia?
– Uis, sobre o papel déronolo, pero como o concello está sen un can quedamos igual.
– Buff, cousa mala. Marcha lo, xa pago eu esta volta.
– Graciñas meu. E recorda o que che dicía, nestes temos que ir votar ao PP si o si, que inda gaña a chusma esa de Podemos e acabamos en Venezuela. Ou inda peor, imaxina que gañan os do Bloque ou os novos esos de Beiras… igual nos montan unha ETA e queren irse de España coma os vascos ou os cataláns. Non, non, se alguén pode dirixir o país é o PP, claro que si, home. Si gaña esta roxerada xa verás, vannos expropiar os terreos e acabamos coma no 36, que xa o dicía meu pai. Además, nunca tan ben se viviu como agora.

Recuperando o concepto de minifundismo mental endémico do profesor Barreiro.

Política Galega Vol I

Resumo rápido do primeiro capítulo:

– Sodes de ANOVA?
– Vai á merda
– Que?
– ANOVA? Somos do BNG. ANOVA… bah!
– Disidentes!
– Podería entrar no voso grupo?
– Non! Fora!
– Eu non fago isto por gusto. Eu odio aos do PP como o que máis!
– Estás seguro?
– Claro que si. Odio ao PP, xúrocho.
– O que queira entrar no BNG ten que odiar moito aos do PP.
– Eu non os podo ver diante.
– Canto?
– Moito!
– Ben, admitido. Aos únicos que odiamos máis que aos do PP é aos mamalóns de ANOVA.
– Disidentes!!
– E aos de Podemos!!
– Disidentes!!
– E aos do BNG!
– Disi… que?
– Os do BNG, disidentes!!
– O BNG somos nos!
– Oh… crin que eramos de NÓS-UP.
– BNG!
– E que foi de NÓS-UP, lo?
– Alí están.
– DISIDENTES!!!!!

En agarimosa homenaxe á memoria de Graham Chapman.