Imos pechar este 2018 cunha entrada técnica en galego. Dende hai anos a instalación dunha distribución do Linux en galego era una tarefa sinxela, canda menos en distribucións baseadas no Ubuntu pois o galego era un dos idiomas dispoñibles na instalación. Mais o Windows era cousa ben distinta, precisaba da instalación dunha serie de complementos que non sempre funcionaban ben. A boa nova é que con Windows 10 este proceso é moito máis sinxelo.
Basta con procurar no menú e a Configuración->Todas las Configuraciones->Hora e Idioma. Alí no menú da columna esquerda eleximos Región e Idioma. Na lapela dereita abrirá unha serie de opcións e temos un botón de Agregar un Idioma no que pulsar.

Ao pulsar ese botón poderemos ver unha listaxe con tódolos idiomas dispoñibles e un cadro no que facer a procura do que queremos de forma directa. Una vez atopamos o galego calcamos sobre el, na pantalla de confirmación escollemos estas opcións e calcamos no botón de Instalar.

Cando vexamos a confirmación de que o proceso de instalación rematou teremos que facer arrincar de novo o equipo para que o SO apareza en galego, tendo non só o sistema operativo mais tambén tódalas aplicacións que sexan compatibles coa nosa lingua.
Agradecido pola información, funciona correctamente mais non sei se podería trocarse a mensaxe de benvida do arranque e poñela tamén en galego pois aparéceme en castelán Grazas.